Cargando eventos

« Todos os eventos

Xoán Manuel Pintos

29 - Xuño

O 29 de xuño de 1876 morre en Vigo  Xoán Manuel Pintos, autor principal da xeración dos Precursores. É autor do primeiro libro en galego do século XIX A Gaita Gallega, libro escrito alternando verso e prosa e no que Pintos fai unha reivindicación da lingua como fundamental elemento cultural e símbolo de Galiza. Firme defensor da  dignificación e restauración da lingua, enérxico e conciente defensor da restauración literaria e pública do idioma, fixo denuncia dos efectos da diglosía e defendeu o dereito de Galiza a ter economia e institucións propias. Un exemplo do seu posicionamento encontrámolo no poema Ouh Galicia, Galicia boi de palla. É autor de moitas composicións en verso publicadas en prensa, folletos ou follas soltas, ao que hai que engadir toda a prosa incluída na Gaita Gallega.

Detalles

Data:
29 - Xuño