Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Xesús San Luís Romero

9 - Setembro

9sO 9  de setembro de 1872 nace en Carballo o escritor Xesús San Luís Romero. Con vinte anos emigra á Arxentina onde empeza a publicar os primeiros versos e a representar pezas teatrais entre a colonia galega de Bos Aires. En 1902 volveu a Galiza, establecendo en Santiago o seu obradoiro de zapateiro, e retoma a escrita con composicións anticaciquís no espírito da loita agraria. Publica en diversos xornais, sobre todo no semanario do Centro Republicano. Compuxo e estreou numerosas obras dramáticas, unha delas o seu drama en verso O fidalgo, estreado en 1918 no Teatro Principal de Santiago de Compostela,  a peza teatral galega que atinxiu maior éxito na época.

Detalles

Data:
9 - Setembro