Cargando eventos

« Todos eventos

Xesús Carro García

8 - Decembro

8dO 8 de decembro de 1973 morre en Compostela o investigador Xesús Carro García. Eminente estudoso da Historia da Arte Galega foi membro da Real Academia e coordinador da Sección de Historia da Arte do Seminario de Estudos Galegos. El e outro sacerdote, Paulino Pedret Casado, tratarían de salvar algo do que queda despois do espolio que a censura franquista levou a cabo no patrimonio cultural gardado no Seminario de Estudos Galegos. O pouco que se sabe sobre o proceso de incautación do Seminario polas autoridades franquistas é a través dos informes e correspondencia de Xesús Carro. Nestes documentos fai constar que o proceso de acoso contra o Seminario se inicia no outono de 1936. Aínda que Carro intentará salvar a institución, o 18 de xuño de 1941 comunícaselle que todos os seus bens deben pasar á Universidade. A entrega das chaves tivo lugar no outono, e o 31 de decembro trasladaranse os libros ao local da Biblioteca América en cestos e nun carro tirado por un cabalo.
Entre a súa obra está O Botafumeiro da catedral compostelán que sería editada por Ánxel Casal en Nós con ornamentación da cabeza do texto de Castelao. Foi membro do Instituto Padre Sarmiento.

Detalles

Data:
8 - Decembro