Xermán Taibo González
14 - Febreiro
O 14 de febreiro de 1919 morre o pintor Xermán Taibo González. Nacera na Coruña o 27 xaneiro 1889 e emigrara coa súa familia á Arxentina. En Bos Aires rapidamente destaca pola súa habilidade para o debuxo. En 1906 xa está en París, onde asiste á Academia “Julien”. Taibo regresa a Galicia en 1908 e acaba por se integrar no ambiente artístico coruñés o que lle posibilitou que, en 1912, enviase catro obras á Exposición Rexional de Arte celebrada na cidade coruñesa. No Museo de Belas Artes da Coruña poden verse varias obras súas, como esta muller núa de 1914.