Cargando eventos

« Todos os eventos

Xavier Costa Clavell

30 - Maio

Costa ClavellO 30 de maio de 1923 nace en Chantada Xavier Costa Clavell, escritor e xornalista. Estudou xornalismo en Barcelona e participou na fundación do grupo Brais Pinto en Madrid. En 1963 deu ao prelo a súa primeira obra en galego, A rouca gorxa do meu ser, un poemario, editado en Bos Aires. En 1977 publicou Os anos do vougo e outros poemas, de ton socialrrealista e Las dos caras de Galicia bajo el franquismo. Publicou dúas novelas en galego, O conde Villaoíde e A Monchiña e traduciu Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ao castelán en 1989. En 1991 publicou a escolma de artigos xornalísticos Sempre Galicia no meu corazón.

Detalles

Data:
30 - Maio