Loading Events

« All Events

Xaime Quintanilla

18 - Agosto

18a18 de agosto de 1936 é asasinado a tiros nunha execución sen xuízo, nalgún lugar entre o castelo de San Felipe e o cemiterio de Canido en Ferrol, o político, xornalista e escritor Xaime Quintanilla. Membro das Irmandades da Fala desde os 19 anos xogou un papel determinante na constitución da Irmandade da Fala de Ferrol. Colaboraba no semanario Galicia. Boletín Rexionalista, no xornal A Nosa Terra e logo en El Correo Gallego e funda a Editorial Céltiga. Foi director do cadro de declamación do coro popular Toxos e Froles e desenvolveu un vasto labor cultural nas asociacións de Ferrol. Ensaísta, poeta e narrador desenvolveu un intenso traballo teatral como director, actor e dramaturgo.

Details

Date:
18 - Agosto