Xaime Quessada
30 - Decembro
O 30 de decembro de 2007 morre Xaime Quesada Porto, coñecido como Xaime Quessada. Nado en Ourense o 14 de xullo de 1937, nos anos cincuenta frecuenta (con Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Buciños…) o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco. Quessada foi un artista multidisciplinar que absorbeu todos os movementos artísticos, desde o figurativo ao abstracto.