Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xaime Illa Couto

23 - Outubro

23oO 23 de outubro de 1915 nace Xaime Illa Couto. Xa nos seus primeiros anos de Bacharelato organizou unha Asociación Escolar de Iniciación Cultural que enviou a súa adhesión á Asemblea das Irmandades da Fala celebrada na Coruña en abril de 1930. Participou na creación do Grupo Autonomista Galego de Vigo, unha das organizacións políticas promotoras do Partido Galeguista e patrocinadora da candidatura de Castelao ás Cortes Constituíntes. Foi fundador da Mocedade Galeguista de Vigo, da Federación de Mocedades Galeguistas e da Unión Galega de Estudiantes. Organizou Ultreya en Vigo e foi alumno bolseiro de investigación do Seminario de Estudios Galegos. Despois Guerra Civil ocupou a secretaría técnica do Partido Galeguista na clandestinidade. Impulsou e ideou a fundación da Editorial Galaxia, sería fundador e director da Revista de Economía de Galicia e dirixiría a Revista Galega de Estudios Agrarios. Foi académico numerario da Real Academia Galega

Detalles

Data:
23 - Outubro