Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Wenceslao Fernández Flórez

11 - Febreiro

11 feb (Casa Museo WFF)O 11 de febreiro de 1885 nace na Coruña Wenceslao Fernández Flórez escritor e xornalista. Empezou no diario coruñés “La Mañana” e posteriormente colaborou no “Heraldo de Galicia”, “Diario de La Coruña” e “Tierra Gallega”. Aos dezasete anos dirixiu o Semanario “La Defensa de Betanzos”, publicación próxima ao Agrarismo. Máis tarde pasaría a dirixir o “Diario Ferrolano” e “El Noroeste” da Coruña. Mantivo relación coas xentes das Irmandades da Fala, colaborou con “A Nosa Terra” e foi Castelao un dos caricaturistas que máis frecuentemente ilustraron as súas obras. Autor de El bosque animado, a súa novela A miña muller inaugurou as publicacións da editorial Lar en 1924.

Details

Date:
11 - Febreiro