Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Waldo A. Insua

10 - Xuño

Waldo InsuaO día 10 de xuño de 1856 nace na Estrada o avogado, escritor e xornalista Ubaldo Modesto Álvarez Insua –Waldo A. Insua–. Con só 14 anos xa colaboraba nos xornais El Diario de Santiago e El Heraldo Gallego. Polos seus artigos comprometidos –nos que denunciaba o sistema político da Restauración borbónica– no periódico Gaceta de Galicia viuse obrigado a marchar e coller o Camilo da emigración a Cuba. Na Habana licenciouse en Dereito. Alí abriu o seu propio bufete de avogado. Funda o semanario El Eco de Galicia. Álvarez Insua foi un dos principais valedores do rexionalismo galego en Cuba. En 1898 regresou definitivamente á Coruña. Foi elixido presidente da Liga Gallega da Coruña (organización política rexionalista liberal, fundada en 1897). En 1899 trasladouse a Madrid para dedicarse á avogacía e colaborar na prensa madrileña. Entre as súas obras hai un estudo –de 1883– de Aires da miña terra de Curros.

Details

Date:
10 - Xuño