Loading Events

« All Events

Virxilio Blanco Garrido

25 - Xuño

O 25 de xuño 1948 morre na Estrada o pintor  Virxilio Blanco Garrido. Emigrou primeiro a Bos Aires e logo a Cuba, onde chega a  asistir á escola e á Academia de Arte de La Habana. Aí presenta a súa primeira exposición e concédeselle unha bolsa para estudar tres anos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Fai unha segunda exposición no citado Centro Galego de La Habana e de novo este centro outórgalle outra bolsa, coa que viaxará a París. Anos máis tarde será a  Deputación de Pontevedra que o fará bolseiro en Paris e  Madrid. Na década dos 40 asenta difinitivamente en Galiza onde se relacióna, entre outros, con Torres, Maside, Laxeiro e Pesqueira. En 1931 fundou con  Xosé Caldera Manzano a revista literaria Alborear da que foi redactor artístico.

Debido a unha morte prematura e a unha obra moi dispersa pasou moito tempo case desapercibido e cunha obra case ignorada.

Details

Date:
25 - Xuño