Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Virreinado de Nova Galicia

25 - Xaneiro

Nova GaliciaO 25 de xaneiro de 1531 créase no actual México o virreinado de Nova Galicia. Nueva Galicia (oficialmente “Nuevo Reino de Galicia” ou “Reino de Nueva Galicia”), estaba formado por 3 provincias que abarcaban a Provincia de Nova Galicia ( Nayarit e Jalisco), a Provincia dos Zacatecas ( Aguascalientes e Zacatecas), e a Provincia de Culiacán ( Sinaloa). A conquista do territorio foi realizada por Nuño Beltrán de Guzmán en 1531. El deu á cidade capital o nome de Vila de Guadalaxara, como o seu lugar de nacemento, e chamou co nome de “Conquista do Espírito Santo da Maior España” os territorios conquistados por el. A raíña Isabel de Portugal, esposa de Carlos V, que gobernaba por ausencia do Emperador, non estivo conforme co nome que lle deu Nuño de Guzmán ao territorio conquistado e ordenou, por Real Cédula do 25 de xaneiro de 1531, que se nomease como “Reino de Nova Galicia” e tamén dispuxo que se fundase unha cidade co nome de “Santiago de Galicia de Compostela” como capital no actual estado de Nayarit. En xullo de 1549, Compostela foi sede do primeiro Arcebispado da Nova Galicia.

Details

Date:
25 - Xaneiro