- This event has passed.
Victorino Abente Lago
2 - Xuño
O día 2 de xuño de 1846 nace en Muxía o escritor e xornalista Victorino Abente Lago –familiar de Eduardo Pondal e tío do poeta Gonzalo López Abente. Na Universidade de Santiago de Compostela estudou Medicina xunto co seu irmán Ezequiel. A familia quería que fose sacerdote, pero el escapa para Cuba. De alí a Bos Aires e en 1869 a Paraguai. Colaborou –a súa obra era moi recoñecida alí– no periódico paraguaio El Pueblo. Volveu por dúas veces a Galicia, nunha delas pública o poema “Volta prá Terra” e a lenda en verso La novia del marinero.
Tras falecer a súa filla en Muxía, Victorino regresou –en 1908– definitivamente a Paraguai. Morre en 1935.