Cargando eventos

« Todos eventos

Víctor López Seoane

28 - Setembro

28sO 28 de setembro de 1832 nace en Ferrol o naturalista  Víctor López Seoane, notable taxónomo na zooloxía europea do século XIX. Estudou os seres vivos desde o punto de vista taxonómico, catalogando as variedades biolóxicas e buscando outras novas. Exemplares de seres vivos recollidos por el figuran entre as coleccións dos principais museos de Historia Natural de Europa. Formou parte de relevantes sociedades científicas europeas adicadas ao estudo da natureza e publicou en revistas especializadas de gran prestixio. Un dos seus traballos máis coñecidos é a Reseña de Historia Natural de Galicia.

Detalles

Data:
28 - Setembro