Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Vicente Risco

30 - Abril

30 aO 30 de abril de 1963 falece Vicente Risco, investigador, ensaísta, crítico, etnógrafo e escritor. Membro da xeración Nós é considerado un dos grandes teóricos do nacionalismo galego. Entra contacto co galeguismo a través das Irmandades da Fala e esta evolución edeolóxica queda plasmada no seu ensaio  Nós, os inadaptados. Risco desenvolveu un labor fundamental na recuperación e dignificación da cultura galega, chegando a ser un dos ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego.

Como narrador, no ámbito da novela curta escribe, entre outras, Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros e O lobo da xente. É autor dunha das novelas fundamentais na literatura galega, O porco de pé.

Detalles

Data:
30 - Abril