Loading Events

« All Events

Vales Villamarín

7 - Maio

7 mO 7 de maio de 1891  nace en Betanzos Francisco Vales Villamarín, mestre e historiador. En 1917 fundou a “Irmandade da Fala” de Betanzos, que presidiu durante anos. En 1926 fundou o Museo Pedagóxico Rexional da Coruña, do que foi secretario e bibliotecario. Foi cronista oficial da cidade de Betanzos onde crea e dirixe o “Anuario Brigantino”. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folclórica Aturuxo. Entre outros cargos, foi Secretario da Real Academia Galega e numerario da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Details

Date:
7 - Maio