Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Valentina Lago-Valladares

13 - Maio

Valentina Lago-ValladaresHipólita Muíño Lago –coñecida como Valentina Lago-Valladares– falece en Valladolid o día 13 de maio de 1917. Nada en Ferrol, Valentina foi unha escritora en galego e castelán. Estudou Maxisterio e exerceu de mestra de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal colaborou en diversos xornais e revistas, entre os que están: Almanaque de Ferrol, Revista Gallega e El Correo Gallego. Membro correspondente da Real Academia Galega, entre 1896 e 1920 publicou diversos contos na prensa. Entre os seu relatos máis coñecidos podemos citar: A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906). Casada co maquinista maior da Armada, Gerardo Landrove Timiraos, a partir de 1914 vive en Valladolid co seu fillo Federico, profesor da Normal na cidade castelá.

Details

Date:
13 - Maio