Valentín Paz Andrade
19 - Maio
O 19 de maio de 1987 morre en Vigo Valentín Paz Andrade, escritor, xurista, economista, político, empresario e xornalista. Incorporado ao movemento galeguista, en 1919 participou na II Asemblea Nacionalista e, anos despois, militou e foi secretario do Partido Galeguista e colaborou na elaboración do Anteproxecto do Estatuto de Galicia. Despois do golpe militar o seu compromiso político e a súa faceta de xurista lévao a axudar a compañeiros galeguistas na súa fuxida, e a interceder e defender a moitos deles das penas que se lle imputaban, entre outros, aínda que sen éxito, a Alexandre Bóveda. Foi director do xornal Galicia e colaborou asiduamente en publicación como Gaceta de Galicia, El Pueblo Gallego ou Faro de Vigo. É autor de ensaios literarios, históricos e económicos, entre os que se encontra Galicia como tarea, e das obras poéticas Pranto Matricial, Sementeira do Vento e Cen chaves de sombra. Ingresou na Real Academia Galega co discurso A galecidade na obra de Gimaraes Rosa.