Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Uxío Souto

28 - Novembro

28 nO 28 de novembro de 1990 morre o pintor e escultor Uxío Souto. Nado en Xinzo (Cuntis) mantería unha estreita relación cos galeguistas e con membros das Irmandades da Fala. De ideoloxía republicana ao finalizar a guerra do 36 escapa a Francia acabando nun campo de concentración francés. En Francia realizaría varias augatintas entre as que se encontran Cruzamento dos Pireneos, Campo de concentración en Francia, Noite no campo de concentración e Véspera no campo de concentración. De Francia marcharía a México onde residiría até a súa morte. Nas súas pinturas deixaría plasmadas as marcas da derrota e o exilio. Como escultor, a súa principal actividade, destacan as súas tallas de madeira. Unha das súas obras sería Bocetos do busto de Rosalía de Castro para as irmandades da fala.

Details

Date:
28 - Novembro