Loading Events

« All Events

Uxío Novoneyra

19 - Xaneiro

19 xanO 19 de xaneiro de 1930 nace no concello de Folgoso do Courel Uxío Novoneyra. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. e Letanía de Galicia e outros poemas.

Home de intensa actividade pública, coa súa poderosa voz e o seu manexo dos recursos da expresión oral foi un recitador inimitable. Nos seus textos queda patente o seu compromiso nacionalista e marxista.

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Details

Date:
19 - Xaneiro