Loading Events

« All Events

Uxío Carré Aldao

5 - Novembro

5nO 5 de novembro de 1859 nace na Coruña o escritor, editor e libreiro Uxío Carré Aldao. Uxío Carré mercara a librería de Martínez Salazar situada na rúa Rego de Auga na Coruña, librería onde se constituirá a chamada Cova Céltica, faladoiro ao que acudían, entre outros, Murguía, Pondal, Martínez Salazar, Pérez Ballesteros, Tettamancy, Galo Salinas, Martelo Paumán, Florencio Vaamonde Lugrís Freire e Eladio Rodríguez González. Editou algúns tomos da Historia de Galicia de Murguía e máis de vinte títulos fundamentais na cultura galega. Foi un dos fundadores e director do xornal A Nosa Terra e sucedeu a Andrés Martínez Salazar como cronista oficial da Coruña. Ademais de diversas colaboracións periodística no Boletín da Real Academia Galega Carré Aldao publicará numerosos traballos, sobre todo de historia e crítica literaria. Como narrador cultivou o relato curto e é autor dunha novela que foi publicada na colección Lar. Foi membro das Irmandades da Fala e membro fundador da Real Academia Galega.

Details

Date:
5 - Novembro