Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Urbano Lugrís

28 - Xaneiro

Urbano LugrísO 28 de xaneiro de 1908 nace na Coruña Urbano Lugrís González. Fillo de Manuel Lugrís Freire –un dos homes imprescindibles no galeguismo das primeiras décadas do s XX–, foi un pintor dunha actividade creadora que dominou diversas técnicas: óleo, serigrafías, colaxe, muralista, tinta chinesa sobre papel. A súa obra, no tocante á temática, está chea de referencias ó mundo céltico e ás profundidades mariñas. Nos anos 30, colabora nas Misións Pedagóxicas con Rafael Dieste, facendo títeres e escenografía. Foi tamén un grande ilustrador de libros e participou na creación e dirección da revista Atlántida. A súa obra encádrase dentro do surrealismo cunha visión onírica da realidade. Ademais da pintura, a súa desbordante creatividade levouno a practicar outras artes como a poesía, o teatro e incluso a arquitectura.

Details

Date:
28 - Xaneiro