Último número de El Gallego
7 - Novembro
O 7 de novembro de 1880 sae o último número da primeira etapa do xornal El Gallego. O nacemento da prensa galega na Arxentina pódese datar coa aparición de El Gallego o 27 de abril 1879, aparecendo como órgano oficioso do primeiro Centro Gallego de Bos Aires e sendo Cisneros Luces o promotor e primeiro vicepresidente. Este xornal coñecería dúas etapas posteriores, unha en 1883 e outra entre 1888 e 1889. A estas hai que engadir unha cuarta e derradeira, xa en Montevideo, no ano 1895.