Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Traslado dos restos de Rosalía

25 - Maio.00:00.23:59

25 mO 25 de maio de 1891 trasládanse os restos de Rosalía de Castro do cemiterio de Adina (Iria Flavia) a Compostela. A Asociación Regionalista Gallega celebrou os días 25, 26 e 27 de maio de 1891  o traslado dos restos mortais de Rosalía até o denominado Panteón de Galegos Ilustres. Para o rexionalismo o traslado dos resto de Rosalía  foi un acto de afirmación política. Alfredo Brañas describiu o feito en La Patria Gallega: “a mais grande, a mais portentosa declaración d´amor que pode dar un povo libre, a apoteosis feita en honor d´a inmortal Musa gallega señá Rosalía de Castro”. Curros escribiría o poema A Rosalía, un dos mellores poemas da literatura galega, publicado por La Patria Gallega nun número extraordinario que saíu o 31 de maio de 1891 con motivo do traslado dos restos. O panteón inaugúrase oficialmente con este  traslado, logo sería Brañas, Cabanillas, Asorey, Domingo Fontán e Castelao os alí enterrados.

Detalles

Data:
25 - Maio
Hora:
00:00.23:59