Cargando eventos

« Todos os eventos

Teixeira de Pascoaes

2 - Novembro

2 n. jpgO 2 de novembro de 1877 nace en Amarante (Portugal) Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos, quen usará o pseudónimo de Teixeira de Pascoaes para asinar a súa obra literaria. Entre 1912 e 1916 dirixirá a revista A Águia, portavoz do movemento Renascença Portuguesa, onde o poeta divulgará a súa filosofía do saudosismo, filosofía que vai exercer influencia en varios nos nosos escritores. Teixeira de Pascoaes estará vencellado á xente e á ideoloxía das Irmandades da Fala e colaborará en revistas e xornais da época: revista Nós, Alfar, Ronsel, A Nosa Terra, El Noroeste, El Pueblo Gallego ou El Ideal Gallego, e manterá amizade e asidua correspondencia con moitos dos intelectuais e escritores galegos desa altura, entre os que se encontran Risco, Cabanillas, Vilar Ponte, Álvaro Cebreiro, Victor Casas ou Noriega Varela.

Detalles

Data:
2 - Novembro