Loading Events

« All Events

Serafín Avendaño

23 - Agosto

23aO 23 de agosto de 1916 morre o pintor Serafín Avendaño. Pintor de grande recoñecemento e proxección internacional  é considerado un renovador  de  formas  e  contidos  da  pintura  na  segunda  metade  do  século  XIX. Na década dos sesenta  fanse famosos en Estados Unidos os seus cadros coa impresión dos torrentes fluviais das cataratas do Niágara. A súa especialidade vai ser unha paisaxe de carácter realista e luminista. Asíduo ás Exposicions Nacionais de Belas Artes, obtivo varias medallas entre elas unha polo lenzo Una fuente en Galicia. O seu maior prestixio obtívoo en Italia, onde residiu longos anos.

Details

Date:
23 - Agosto