Loading Events

« All Events

Sempre en Galiza

10 - Marzo

10 mO 10 de marzo de 1944 saía do prelo en Bos Aires Sempre en Galiza de Castelao, libro de ensaio político de referencia do nacionalismo do século XX. Os primeiros exemplares que chegan a Galiza son de xeito clandestino. Está composto por materiais moi heteroxéneos (artigos, ensaios, conferencias…) pero cun elemento que dá unidade e sentido á obra: ser un tratado de patriotismo galego. Nel encontramos un achegamento valorativo á historia de Galiza, propostas en sentido federalizante para a reconstrución do Estado español, aclaracións conceptuais sobre termos como nación, estado, autoderterminación e unha defensa apaixonada do idioma.

“Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo d-unha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.”

“Unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituirse en Estado independente.”

Details

Date:
10 - Marzo