Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Seminario de Estudos Galegos

12 - Outubro

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 12 of Outubro, repeating indefinitely

12oO 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de Castro en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos. O Seminario, co obxectivo de elevar o nivel da nosa cultura e equiparala ás demais culturas europeas, estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. O Seminario financiouse con achegas de particulares, colaboracións de organismos públicos, e unha vez máis, polas achegas da comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires. As súas creacións son publicadas en diferentes medios, maiormente polo propio Seminario na Editorial Nós de Ánxel Casal, máis tamén na prensa afín ao galeguismo naquela altura, como a revista Nós, o Boletín da Real Academia Galega, o xornal Galicia e El Pueblo Gallego. O Seminario iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía. Unha empresa xigantesca coa que acabaría, de xeito dramático, o golpe de xullo do 36.

Detalles

Data:
12 - Outubro