Loading Events

« All Events

Semanario As Burgas

24 - Decembro

24dO 24 de decembro de 1894 sae o xornal As Burgas, que levaría por subtítulo Literatura e artes. Pouco despois de deixarse de publicar O Tío Marcos d´a Portela sairían diferentes cabeceiras xornalísticas que incorporan o galego. Todas elas tiveron en común unha traxectoria moi breve e sen a repercusión social do Tío Marcos. Coñécense arredor de dez publicacións, entre elas o semanario As Burgas. Editado en Ourense constaba de oito páxinas e aparecía para fomentar a afección por ler e escribir en galego, e para divulgar a literatura galega. O seus contidos estaban conformados principalmente por poesías, relatos curtos, noticias sobre actividades e noticias sobre novas publicacións. Neste semanario aparecerían dous artigos escritos polo médico e literato lucense Jesús Rodríguez López en que se criticaban algunhas supersticións presentes na medicina popular, en especial a crenza na paletilla e na espiñela. A dirección d’As Burgas estivo a cargo de Santiago Álvarez de Nóvoa e contando coas colaboracións de Francisco Álvarez de Nóvoa, Heraclio Pérez Placer, Jesús Rodríguez López, Benito Losada, Filomena Dato ou Juan Barcia Caballero, e mesmo apareceron algúns poemas de Rosalía e de Curros. O último exemplar do que se ten constancia é o número 10, do 3 de marzo de 1895

Details

Date:
24 - Decembro