Loading Events

« All Events

Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba

15 - Decembro

15 de decembro 1969 no salón de actos do Instituto de Literatura e Lingüística (ILL) da Habana nacía, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba, lugar onde se conserva o fondo bibliográfico máis importante do continente americano sobre a emigración galega. O propio Neira Vilas sería director da Sección durante vinte e dous anos. Este organismo incluía entre as súas tarefas, ademais dunha cátedra para o ensino de lingua e literatura galega, a preservación de valiosos documentos de interese cultural e literario. Alí pronunciaríanse conferencias sobre Rosalía, Valle Inclán, Fontenla, Curros, La Sagra ou Concepción Arenal; montáronse exposicións sobre Castelao e Seoane; fixéronse índices de revistas e semanarios galegos; investigouse a presenza de voces galegas na fala de Cuba, e os personaxes galegos na obra literaria de autores cubanos. Investigouse o paso pola Illa de figuras como Castelao, Curros, Arturo Souto e Blanco Torres entre moitos outros. No plano internacional mantivo relacións con Universidades e centros de investigación de América e de Europa, e en Galiza coa Fundación Penzol, a Real Academia Galega e a Universidade de Santiago

Details

Date:
15 - Decembro