Cargando eventos

« Todos os eventos

Santiago Tafall Abad

31 - Xaneiro

Santiago TafallO 31 de xaneiro de 1858 nace Santiago Tafall Abad en Compostela, cidade a que permanecerá vinculado toda a súa vida. Santiago Tafall, comezou Dereito, pero pronto o abandona para seguir a carreira eclesiástica. Foi unha figura importante dentro do panorama cultural da Galiza de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago, aposta polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego. Para el, os “alalás” constitúen os cánticos máis puros, relacionados co propio canto gregoriano. Para Tafall, o noso pasado medieval constituía o punto culminante da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época –dentro do galeguismo tradicionalista– e teorizou arredor da relación entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e a medieval para a zanfona.

Detalles

Data:
31 - Xaneiro