Cargando eventos

« Todos eventos

Salvador Mosteiro Pena

11 - Maio

MosteiroPena-215x300O 11 de maio de 1982 morre na Coruña o escritor Salvador Mosteiro Pena.  Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista “Rexurdimento”  e dirixiu A Nosa Terra. Defendeu o  achegamento do galego ao portugués e formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega, que tivo lugar o 25 de xullo de 1930.

Detalles

Data:
11 - Maio