Rodrigo Sanz López
26 - Agosto
O 26 de agosto de 1939 morre o político e investigador Rodrigo Sanz López. Foi impulsor do Ateneo Ferrolano e Solidaridad Gallega. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asembleas Agrarias de Monforte. Foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores das Irmandades da Fala. Colaborou na redacción dunhas Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia que se debaterían na asemblea da Coruña celebrada o 4 de xuño de 1931. Editou varios xornais entre os que se encontran Solidarismo Gallego e El Kardeciano, e colaborou en Ecos del Eume, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas. Foi membro corrrespondente da Real Academia.