Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Rodrigo Sanz López

26 - Agosto

26 aO 26 de agosto de 1939 morre o político e investigador Rodrigo Sanz López. Foi impulsor do Ateneo Ferrolano e Solidaridad Gallega. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asembleas Agrarias de Monforte. Foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores das Irmandades da Fala. Colaborou na redacción dunhas Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia que se debaterían na asemblea da Coruña celebrada o 4 de xuño de 1931. Editou varios xornais entre os que se encontran Solidarismo Gallego e  El Kardeciano,  e colaborou en Ecos del Eume, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas. Foi membro corrrespondente da Real Academia.

Details

Date:
26 - Agosto