Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Roberto Nóvoa Santos

6 - Xullo

Roberto Nóvoa SantosO día 6 de xullo de 1885 nace na Coruña o médico Roberto Nóvoa Santos. Xunto con médicos como Gregorio Marañón contribuíu á modernización do ensino e a práctica da medicina en España nas primeiras décadas do século XX. Cursou brillantemente a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, da que que foi profesor, tamén da de Madrid. Anarquista na mocidade, Nóvoa Santos tiña fama de bo docente. Arredor del crea un equipo de investigación. O seu Manual de Patología general é un elemento clave na renovación da Patoloxía. Publicou moitos traballos pois despregou unha intensa actividade. Un dos seus temas preferidos nas investigacións foi a diabetes. Tamén participou en política, sendo deputado na II República pola Federación Republicana Gallega. Falece en Compostela en 1933. 

Details

Date:
6 - Xullo