Loading Events

« All Events

Roberto Blanco Torres

3 - Outubro

3 oO 3 de outubro de 1936 era asasinado o escritor, xornalista e político Blanco Torres. Cando se produciu o levantamento armado de 1936 viña de presidir en Madrid un mitin de apoio ao Estatuto de Autonomía. Foi preso na súa casa de Amido, na Peroxa (Ourense), sendo trasladado ao cárcere de Ourense e logo ao de Celanova e o 3 de outubro foi paseado na aldea ourensá de San Fiz de Galez, en Entrimo. Membro das Irmandades da Fala asistiu á I Asemblea, celebrada en Lugo en 1918, como representante da Coruña e participou activamente nas posteriores convocatorias asemblearias da organización chegando a ser nomeado conselleiro de publicidade. Desenvolveu un importante labor político, foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe, asistiu á Asemblea pro Estatuto convocada pola ORGA na Coruña e participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía para Galiza. Dirixiu e colaborou en múltiples publicacións periódicas. É autor de dúas obras en vida, o poemario Orballo de media noite e unha escolma de artigos xornalísticos. Participou na creación da Asociación Galega de Escritores.

Details

Date:
3 - Outubro