Cargando eventos

« Todos eventos

Rita Amparo López Jeán

12 - Novembro

12nO 12 de novembro de 1942 morre no exilio en Montauban (Francia) Rita Amparo López Jeán. López Jeán foi secretaria e presidenta da Agrupación Republicana Feminina e membro do Partido Galeguista, formando parte da Executiva coruñesa en calidade de Vogal. Durante a guerra, co seu home o político republicano César Alvajar, vive en Barcelona e alí vai desenvolver unha importante actividade política no Partido Galeguista como membro do seu Comité executivo e Secretaria Xeral do Grupo Feminino Galeguista. Máis tarde o matrimonio residirá en Calvados (Francia). Até alí chegarán tamén dous dos seus fillos, María Teresa e Ana María. Coa ocupación nazi a familia trasládase a Vichy e logo a Montauban, onde morrerá López Jeán. En 2006 os seus restos foron traídos para o cemiterio civil da Coruña. Na parroquia de Rutis, Vilaboa, onde nacera, hai unha rúa dedicada a ela.

Detalles

Data:
12 - Novembro