Default title

Loading Events

« All Events

Revolución de 1846

2 - Abril

|Recurring Event (See all)

Event Navigation

2 aO 2 de abril de 1846 iniciábase a revolución de1846. O 2º Batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís, con sede na Coruña, levantouse na cidade de Lugo contra o goberno ditatorial que instaurara en Madrid o xeneral conservador Narváez. Constituiríase logo, o día 15 de abril,  a Xunta Superior do Goberno de Galiza, sendo nomeado presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario Antolín Faraldo. A revolución de 1846 tivo dous eixos reivindicativos, cuestionar o goberno de Narváez e recobrar a unidade territorial de Galiza porque se entendía que era unha colonia da Corte. O manifesto da Xunta Superior de Galiza, escrito por Antolín Faraldo, expresaba que a espada de Galiza faga inclinar unha soa vez a balanza en que se pesan os destinos de España.

Details

Date:
2 - Abril