Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Asasinato de 12 veciños en Vimianzo

5 - Xullo

Revolta VimianzoO día 5 de xullo de 1873 a prensa dá conta do asasinato de 12 veciños de Vimianzo a mans da Garda Civil. Opoñíanse ao cobro das contribucións e do imposto persoal. Varias parroquias do concello resistíanse ao pago, xuntándose entre catrocentos e cincocentos homes armados de apeiros de labranza que atacaron a Garda en Baíñas. O gobernador mandara 25 números da Garda Civil ao mando dun oficial para facer efectivo o cobro das contribucións que mandou abrir fogo. O resultado foron 12 veciños mortos e algún ferido. Este e outros sucesos coma el dan conta das posicións de avance social no rural galego

Details

Date:
5 - Xullo