Loading Events

« All Events

Revista Nós

30 - Outubro

30oO 30 de outubro de 1920 nacía a revista Nós. En xuño de 1920 reúnense no café Méndez Núñez en Pontevedra Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez coa intención de fundar unha revista monolingüe sobre a cultura galega á que deciden chamar Nós, a proposta de Castelao. Así nace a revista Nós, considerada un dos proxectos máis emblemáticos do galeguismo. O primeiro número apareceu o 30 de outubro de 1920 en Ourense, impresa no obradoiro de La Región, e aquí se publicarían os primeiros 15 números. Á fronte, como director figura Vicente Risco, acompañado de Arturo Noguerol como xerente, Otero Pedrayo e Cuevillas, Castelao como director artístico e Ánxel Casal como editor. En 1923 pasou a se imprimir en Pontevedra até que despois do número 18 a Ditadura de Primo de Rivera suspende a publicación. O 25 de xuño de 1925 aparece de novo por iniciativa de Ánxel Casal na Coruña, e conta coa colaboración de membros do Seminario de Estudos Galegos ademais de colaboradores da primeira época. A partir do número 88 imprentouse en Santiago. O último número, o 144, saíu do prelo pouco antes da sublevación militar de 1936 e non se chegou a distribuír, tan só dous exemplares sobreviviron á queima da imprenta de Ánxel Casal polos sublevados.

Details

Date:
30 - Outubro