Cargando eventos

« Todos os eventos

Revista Galicia

10 - Maio

10 mO 10 de maio de 1885 nace en Ferrol “Galicia. Cencias, literatura, artes”, concibida como unha revista monolingüe en galego. O interese pola ciencia e pola divulgación é un trazo de orixinalidade que distingue esta publicación ferrolá doutras revistas da época escritas en galego pero onde primaban os contidos literarios e políticos. Mais “Galicia. Cencias, literatura, artes” compartiu co resto dos periódicos monolingües en galego unha mesma arela reivindicativa do país e da lingua que se fai presente en toda ela, e que se reflicte na dedicatoria que aparece na primeira páxina: “a cantos non s’avergonzan d’o sangue que lles pol-as venas bule”.

Detalles

Data:
10 - Maio