Reveriano Soutullo
11 - Xullo
O 11 de xullo de 1884 nace en Ponteareas o gran compositor de pasodobres e zarzuelas Reveriano Soutullo. É autor do Pasodobre de Ponteareas, obra mestra no seu xénero, estreado o 20 de outubro de 1929 en Ponteareas. A composición funde os xiros melódicos das alboradas e dos alalás. Con esta peza inaugúrase unha nova forma de compoñer pasodobres, os pasodobres galegos.