Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Rei Don García

22 - Marzo

Don GarcíaO 22 de marzo de 1090 morre o Rei Don García, García II de Galiza tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García. Naceu en 1042 e era o fillo máis novo dos reis de Galiza Fernando I e Sancha I, descendente por parte materna das máis importantes familias galegas que ocuparon os máis destacados postos de poder no espazo cristián peninsular. Herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. Desde 1053, recibe educación en Galiza co bispo Cresconio de Iria. O reinado de García II comeza en 1065, mais case non tivo tempo de gobernar. A morte do bispo Cresconio alterou a estabilidade da vida política galega á que contribuíra durante os trinta anos de mandato episcopal. En 1071 tivo que se enfrontar ao alzamento da nobreza portuguesa, pouco despois foi atacado e vencido polo seu irmán Sancho II de Castela, tendo que se exiliar en Sevilla. Tras a morte de Sancho o ano seguinte, regresou, mais foi apreixado mediante engano polo seu irmán Afonso VI de León, pasando o resto da súa vida encadeado no castelo de Luna, preto de León.

Details

Date:
22 - Marzo