Cargando eventos

« Todos eventos

Regulamento Irmandade dos Amigos da Fala

30 - Xuño

O 30 de xuño de 1918 Lois Peña Novo, que fora elixido no mes de abril conselleiro primeiro na Irmandade da Fala da Coruña, apoiado polas teses de Porteiro Garea, consegue que a Irmandade da Fala da Coruña faga oficial un novo regulamento polo que a “Irmandade dos Amigos da fala”, pasa de ser unha asociación de tipo culturalista a unha concienciada forza política denominada “Irmandade da Fala”. O 10 de Xullo, A Nosa Terra anuncia que este regulamento foi aceitado polas Irmandades de Monforte, Santiago e Betanzos.

Detalles

Data:
30 - Xuño