Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Regulamento da Liga Gallega

21 - Novembro

21nO 21 de novembro 1897 faise público por medio da Revista Gallega o regulamento da recén creada Liga Gallega, regulamento en que se fai constar que o idioma oficial da Liga é o galego. A Liga Gallega foi creada por iniciativa dos participantes na tertulia A Cova Céltica. Presidida por Manuel Murguía e dirixida por un comité formado por Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao e Salvador Golpe, en novembro de 1897 presentan para a súa aprobación o seu regulamento onde din que o obxecto desta sociedade é a defensa dos intereses moraes, materiaes, políticos, económicos, e sociaes de Galicia. Vinte anos antes que as Irmandades da Fala, o grupo de intelectuais nacionalistas que formaban a tertulia A Cova Céltica apostaría xa pola lingua galega.

Details

Date:
21 - Novembro