Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Recoñecemento de Galiza como nación.

18 - Setembro

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 18 of Setembro, repeating indefinitely

18 sO 18  de setembro 1933 Galiza é recoñecida como nación no IX Congreso das Minorías Nacionais de Europa organizado pola Sociedade de Nacións e celebrado na cidade de Berna. Dende 1925 até fins dos anos trinta, o CNE (Congreso de Nacionalidades Europeas) reclamaba a atención dos Estados e organismos internacionais sobre a necesidade de salvagardar o respecto dos dereitos elementais das minorías nacionais. Na declaración presentada ao congreso proclamábase que Galiza é unha nación ben definida, e reivindicaba o dereito innegable do pobo galego a dispor de si mesmo, reclamando, na liña das disposicións internacionais relativas ás minorías, a plena liberdade de empregar o seu idioma materno, sobre todo no ensino, e o respecto dos seus costumes. A Memoria foi redactada por Vicente Risco. Plácido Castro, membro da dirección do Partido Galeguista desde a súa fundación, foi o encargado de trasladar ao Congreso de Nacionalidades Europeas os desexos identitarios de Galiza.

Detalles

Data:
18 - Setembro