Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ramón Suárez Picallo

14 - Outubro

14oO 14 de outubro de 1964 falece no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires o xornalista, escritor e político nacionalista Ramón Suárez Picallo, un dos impulsores do Estatuto de 1936. Emigrado á Arxentina con 14 anos alí inicia a súa relación coa intelectualidade galega. Foi director da revista A Nosa Terra, da revista Céltiga e secretario de redacción do semanario Correo de Galicia. En 1930 participa na fundación de ORGA en Bos Aires. Xa en Galiza foi elixido deputado pola Coruña nas eleccións de 1931. No mesmo ano participa na fundación do Partido Galeguista do que se converterá nun dos referentes xunto con Castelao. Segue a súa faceta xornalística sendo director de A Nosa Terra, Ser, vicedirector de Claridad e colaborando en Vanguardia Gallega e El pueblo Gallego. Suárez Picallo formará parte da comisión que leva o Estatuto a Madrid, co que o golpe de estado o sorprende alí. Acompañou a Castelao a Barcelona e alí responsabilizouse da edición de Nova Galiza, Boletín quincenal dos Escritores Galegos Antifascistas, xornal de difusión do nacionalismo durante a Guerra Civil. No exilio foi un dos fundadores do Consello de Galiza. O 14 de outubro de 2008 as súas cinzas foron repatriadas á súa localidade natal para cumprir o seu desexo de ser enterrado no cemiterio sadense do Fiunchedo.

Detalles

Data:
14 - Outubro