Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ramón Rey Baltar

5 - Abril

A gaita a falareO 5 de abril nace en Padrón Ramón Rey Baltar, médico, escritor e xornalista.

Exerceu como médico en Padrón pero foi cesado en 1910 por motivos políticos. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Bos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Na capital porteña saíu á luz en 1939 o seu libro A gaita a falare, a primeira publicación en galego que abordou a traxedia do golpe de estado e a guerra civil española, un texto precursor da poesía civil que logo practicaría Luís Seoane, Lorenzo Varela e outros.

Details

Date:
5 - Abril