Cargando eventos

« Todos os eventos

Ramón Piñeiro López

31 - Maio

Ramón PiñeiroO día 31 de maio de 1915 nace en Armea de Abaixo (Láncara) o filósofo, ensaísta e político, Ramón Piñeiro López. Foi un dos artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Participou na fundación das Mocidades do Partido Galeguista, das que foi secretario de Cultura. En 1934 –tamén en 1935– participou no mitin das Arengas celebrado na Quintana o 25 de xullo, xunto con Castelao, Bóveda, Otero, Paz Andrade e Suárez Picallo.

En 1940 comeza a estudar Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Piñeiro foi representante do galeguismo nas negociacións co goberno republicano de Giral no exilio, en París, en 1946. Cando se fundou a Editorial Galaxia –en 1950– Piñeiro foi nomeado director literario. Formou parte do primeiro Parlamento Autonómico entre 1981 e 1985, como independente dentro das listas do PSdeG, sendo elixido deputado pola Coruña.

A súa obra escrita está centrada na filosofía da saudade. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. A RAG dedicoulles as Letras Galegas de 2009. Ramón Piñeiro morre en 1990.

Detalles

Data:
31 - Maio