- Este evento pasou.
Ramón María Aller Ulloa
3 - Febreiro
O 3 de febreiro de 1878 nace Ramón María Aller Ulloa, astrónomo e matemático. Na década de 1910 construíu na súa casa en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galiza. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos onde ingresou no ano 1928, da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais, así como da Real Academia Galega. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa.